Hamburguesa vegana, publicidade.
PUBLICIDADE DUNHA HAMBURGUESA VEGANA
Ola e benvidx á miña entrada. Nesta, e como o nome indica, vou ensinar o meu traballo publicitario sobre unha hamburguesa vegana. Pra iso vou segregar a presentación en Ideas e Inspiración, Elaboración da hamburguesa, Fotos da hamburguesa, Deseño da publicidade e marca e Resultado.
IDEAS E INSPIRACIÓN:
A miña idea para a publicidade era conseguir unha estética algo refinada, minimalista e moderna á vez. Para iso, inspireime nun traballo que fixen hai un tempo sobre a portada dunha revista de viaxes:
Como vedes, esta estética resúmese a letras e liñas brancas, que era o que eu quería plasmar no meu traballo.
Por outra parte, tamén quería que a publicidade tivera poucas palabras e unha descripción sinxela que resultara interesante así que optei por: En Veganum nos comprometemos a crear comida que te haga sentir vivx y apele al correcto desarrollo del ciclo de la vida.
A marca. Inspirándome en anteriores traballos como o foron Fotum e Citrum chameina Veganum.
O slogan quería que fose curto así que pensando acabei decidíndome por "Vegano y sano" porque reflexa claramente o tipo de comida que quero proporcionar.
ELABORACIÓN DA HAMBURGUESA:
Aquí simplemente quería compartir unhas poucas fotos para demostrar que decidin facer eu mesma as hamburguesas. Fíxenas de cacahuete e ao forno, e estaban boísimas.
FOTOS DA HAMBURGUESA:
Estas foron tódalas fotos que lle fixen á hamburguesa.
Finalmente decidinme por esta xa que ocupa gran parte da foto, o que axuda a que a imaxe non quede demasiado baleira ao ter unha ornamentación minimalista. Ademáis, os detalles da hamburguesa vénse claramente, o cal dende o meu punto de vista suma puntos.
DESEÑO DA PUBLICIDADE E MARCA:
En principio, tiña o seguinte deseño e marca seleccionados. Ían ser o resultado definitivo, pero sentía que non se vía moi estética e sinceiramente non me convencía demasiado.A pequena descripción veíase algo mal, as liñas que bordean a imaxe non favorecían demasiado e o logotipo da marca recórdame a un selo de can, non semella unha marca de comida vegana, máis ben unha de animais. Así que decidín cambiar todo o que me disgustaba pero seguindo o mesmo patrón xa establecido.
Púxenme mans á obra e realicei varios logos para substituír ó anterior.
Finalmente quedeime con este:
Considero que aínda que o limón non está relacionado ca comida vegana, o é. E sentín que era mellor innovar, pois sempre se pon o debuxo dunha folla para indicar que algo é vegano e bueno, a imaxe tíñaa no ordenador por algunha razón que descoñezo e pensei que o frescor que transmite podería quedar ben, pois a min persoalmente non me leva a pensar que o producto é ácido por ter un debuxo dun limón no logo.
Despois probei a cambiar a cor da pequena descripción e tamén a da parte de abaixo do slogan. Branco, no canto de negro, era máis visible e aportaba unha sensación de frescura que a cor anterior non. Por último, probei a deixar as liñas que enmarcan a foto do mesmo grosor e decateime como adquiría unha mellor apariencia e todo isto sen cambiar a foto nin o patrón que xa tiña decidido.
RESULTADO:
Finalmente, o traballo quedou así:
Agardo que che gustara a miña entrada e que aprenderas algo novo. Grazas polo teu tempo.
Comentarios
Publicar un comentario