1ªAv Des 2ºBach

1ªAva Des 2ºBach

- Tipograma ou tipoforma.

- Caligrama de dintorno.

- Caligrama de contorno.

- Tipografía expresiva.

- Safari tipográfico.

- Portada de revista.

- Cartel tipográfico.




Ola, antes de nada moitas grazas por ver o meu traballo, feito con moito esforzo.
E sen máis dilación, comezamos a presentación.


- TIPOGRAMA OU TIPOFORMA.

Este traballo mostra como as letras que conforman unha palabra poden formar a figura dela. Neste caso as letras da palabra 'MONSTRUO' crean a este mesmo.

- CALIGRAMA DE DINTORNO.

O caligrama de dintorno rechea con palabras, frases ou incluso un texto o interior dunha figura, e o cerebro humano as une, mestura e ordea, de maneira que da lugar a unha imaxe como pasaba na pin- tura impresionista e sobre todo posimpresionista.
Neste caso, inspireime nunha foto de Ana Milán, unha actriz, modelo, periodista e presentadora alicantina que destaca polos seus papeles en series recoñecidas como Física o Química, Yo Soy Bea ou Camera Café entre outras. Aínda que non se perciba moi ben, a figura está realizada a base do seu nome 'anamilán'.
A foto pertence ao fotógrafo Javier Mantrana.




- CALIGRAMA DE CONTORNO.

Quixen facer unha pequena homenaxe a Miguel Hernández co seu poema Vientos del Pueblo, co cal adaptei uns versos da súa obra para realizar a silueta dun pazaro, unha andoriña neste caso. Con isto, quixen representar a liberdade e a forza que me transmite a andoriña, ademáis de facer unha referencia a aquelas persoas que tiveron que verse obrigadas a emigrar debido á dura situación pola Guerra Civil.



- TIPOGRAFÍA EXPRESIVA.

A tipografía expresiva trata de transmitir o significado da palabra a través do deseño que se lle aplique, e non da tipografía en si. Visualmente compréndese mellor.






- SAFARI TIPOGRÁFICO.

APROBADOS.
1. Dende o meu punto de vista, o cartel da Pastelería Belén é acertado. 
A tipografía e o uso das cores son adecuados, sobre todo a idea de poñer dunha cor algo máis chama- tiva (ese azul verdoso) o nome da pastelería.
De todas formas,considero que o uso do debuxo e innecesario, pois trátase dunha redundancia.


2. La Tinto é unha lavandaría, tintorería e establecemento onde se realiza tamén limpeza en seco.
Honestamente non vexo erro ningún no uso da tipografía nin das cores. A vantaxe da parede en negro facilita a lectura e o xogo da letra A por unha plancha e o O de Tinto por unha porta de lavadora dan unha boa imaxe.


3. Sinceiramente, eu opino que o deseño neste cartel está totalmente logrado. É un claro "menos é máis" . A tipografía é simple, non hai abuso de cores e o cambio de tipografía no B non se ve fóra de lugar. Ademáis, debo destacar esa aplicación da folla porque me parece un elemento que favorece á estética do cartel e cumple a súa función de aportar información valiosa, pois potencia o significado que tamén aporta o AGROTENDAS que se pode ver na parte inferior dereita do cartel.



4. Esta tenda de informática acertou totalmente ca tipografía, pois recorda a tecnoloxía ao igual que o deseño realizado a base de fragmentos de circunferencia. As cores están ben empregadas, pois non son demasiado fortes pero non rematan de ser apagadas.



5. Esta pintura mural publicitaria paréceme apropiada, pois non é un deseño demasiado simple peor tampouco se trata dun moi recargado. A información e concisa pero clara, e podemos decatarnos polo pequeño bocadillo que pon PIENSOS na parte superior central. O uso da tipografía é acertado, pois a pesar de ser pouco elaborado, chama a atención. Por último, débese remarcar ise emprego das liñas que rodean BIONA e as que a subraian.



SUSPENSOS.
1. Como se pode ver, esta froitaría utiliza unha tipografía inestable. Os distintos tamaños non favorecen á lectura, pois o que está escrito na parte inferior esquerda non se le ben. As cores vermellas pódense ler ben, aínda que as verdes non tanto. O uso da mazás para completar a palabra paréceme innecesaria, igual que as fotos que aparecen dunhas flores e un cruceiro, sobran totalmente. Finalmente, é importante incidir no feito de que esta tenda non é exclusivamente de froita, senón de alimentación en xeral, co cal na miña opinión, deberíase cambiar a palabra 'froitaría' por 'alimentación' e viceversa.



2. O deseño deste centro de formación dános unha pista ca primeira letra, que se trata dunha M. Martiño é unha autoescola que utilizou unha tipografía pouco acertada, pois non aporta ningún tipo de información e se non fora polo deseño do M, non poderíamos saber de que clase de centro estamos falando. Iso si, poderíase tratar de calquera tipo de centro de formación, pois aínda que teñamos unha pista, o cartel non presenta ningunha evidencia. As cores non están mal aínda que eu cambiaría ise laranxa butano por un verde claro. En resumo, o iste cartel non aporta demasiada información e nin sequera é chamativo.


3. A primeira vista, o cartel é vistoso e é bonito, porén non ofrece a información requerida.
Ise HI non nos di nada, e unha persoa que non sabe inglés non vai entender que quere decir 'hola' de forma coloquial (e o uso coloquial tampouco é demasiado profesional aínda que soe ben en inglés).
Ademáis, engadir  a palabra 'SERVICES' non aporta nada, pois calquera empresa ou establecemento mínimamente pequeño ofrece un servizo. E para salvar a metedura de pata do deseño, fixeron un pequeño resumo dos servizos que non remarcan que ofrecen: Transporte e tecnoloxía.
Non é suficiente. Da cor non se pode dicir demasiado porque tampouco hai demasiada.
En conclusión, non remata de ser un disfrute visual aínda que estéticamente haxa harmonía, e non cumple ca súa función informativa.



4. A empresa Jeloal presenta unha obra demasiado escasa, na que a imaxe da chama ocupa máis espazo que o nome en si. Por outro lado, cabe destacar en xeral é bastante pobre, pois o deseño do lume non transmite demasiado cando se trata dunha ferreterería industrial e material de construcción entre outras tantas cousas. Ademáis a tipografía non conta absolutamente nada.




5. Espazo Aberto é, como di na parte inferior, un lugar de psicoeducación integral onde un equipo cualificado no ámbitopsicolóxico, educativo, formativo, dificultades da linguaxe e aprendizaxe tras- tornos do densenrolo. Iste psicólogo, expón un cartel no cal pódese ver unha árbore que chama a atención mais non conta nada. Poderíase relacionar ca evolución interior e exterior, pero a referencia non é expresamente clara. No centro da composición contamos co nome do lugar de terapia exposto entre paréntese aínda que o motivo diso é descoñecido. Ademáis, as letras aparecen en maiúscula e minúscula, o cal desubica un pouco ao lector (aínda que hai que mencionar que o xogo de xuntar o O e o A é inxenioso). En xeral, a idea non é mala, pero o resultado non me convence.
*Neste paso vinme obrigada a expoñer o cartel de internet porque a foto é de moi mala calidade e non se vía ben nin co flush ao pásalo ao ordenador. Perdón.


- PORTADA DA REVISTA.




- CARTEL TIPOGRÁFICO.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Caixa de galletas

Hamburguesa vegana, publicidade.