CAIXA BOMBILLA

DESEÑO DA CAIXA DUNHA BOMBILLA

Estimadas persoas, moitas grazas por acudir á miña entrada. Esta vez, mostrareivos en poucos pasos como fixen o deseño dunha caixa para unha bombilla.
Primeiramente, fixen uns bosquexos, para elixir entre eles, un deseño que irá na parte principal da caixa. Elixin o derradeiro deseño, xa que ademáis de ser a bombilla que vai dentro da caixa, remata cunha folla que indica que é unha caixa ecolóxica.



Máis adiante creei con Inkscape a plantilla da caixa, inspirándome na parte das asas na segunda imaxe.
(Aquí as cores son estas para poder diferenciar un cadro de outro, pero non é a gama cromática definitiva.)


Decidin chamar á marca Fotum, que deriva do meu traballo sobre unha marca de zume de frutas que se atopa tamén na miña entrada. A estética é levada a un ámbito ecolóxico pero tamén algo industrial, creo que son actividades que deberían complementarse, pois as multinacionais  son as grandes responsables de tanta contaminación, e deberían concienciarse e actuar. 
O patrón feito quedou así:

A caixa feita vése así:




Moitas grazas por ver a miña presentación, agardo que aprenderas algo novo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Caixa de galletas

Hamburguesa vegana, publicidade.